martes, 28 de febreiro de 2017

Antroido ou Entroido?

Ao longo destes días, moitas e moitos de nós preguntámonos cómo é a forma correcta para referirnos ás festas que estamos a celebrar.

O académico da RAG Antón Santamarina explica as razóns polas que é preferible utilizar Entroido no canto de Antroido. Clicade na imaxe para enlazar co vídeo:

mércores, 22 de febreiro de 2017

IV Mostra do Entroido

A IV Mostra do Entroido adicámola ao Entroido de Laza, un dos máis famosos e antigos de toda Galicia.


Celebrouse, como vén sendo habitual nos últimos anos, na explanada do CEIP Lamas de Abade e para iso os centros organizadores (CIFP Compostela, Ies Lamas de Abade, Aspanaes, Raiola e CEIP Lamas de Abade) invitamos ao alumnado e ao profesorado do CEIP Castiñeiro de Laza, que tiveron a ben ensinarnos os seus traxes, o característico son das chocas e a Morena.

No seguinte vídeo poderedes comprobar o ambiente festivo que se respiraba  no centro. 

Viva o Entroido!!!


martes, 21 de febreiro de 2017

Entroido, 2017

Compartimos con vós un vídeo coas máscaras de peliqueiras e peliqueiros que se elaboraron nas aulas do CEIP Lamas de Abade. 

Esperamos que vos gusten!!

Benvidas e benvidos ao blog do EDLG do CEIP Lamas de Abade

Ola a todas e todos!!

Queremos darvos a benvida ao blog do Equipo de Dinamización da Lingua Galega -a partir de agora EDLG- do CEIP Lamas de Abade.

O seguinte blog nace co obxectivo de crear un espazo no que visibilizar as actividades que se van desenvolvendo a través do equipo. Abrimos hoxe unha xanela pola que toda a comunidade educativa pode entrar e saír, atopar, facer comentarios, compartir, aprender e sobre todo, disfrutar coa nosa lingua e coas actividades que se vaian realizando ao longo do curso escolar.

Esperamos as vosas visitas!!!

Saúdos,

EDLG