mércores, 8 de marzo de 2017

8 mulleres, 8 voces, 8 de marzo

8 voces de mulleres galegas para o 8 de Marzo. Distintas propostas musicais. Distintas xeracións. Uxía, Ugia Pedreira, Alba María, Pilocha, Carmen Rey, Belem Tajes, Silvia Penide e Sonia Lebedinsky. A letra e a música é da máis nova de todas elas, Alba María.


Reuniron o seu talento e a súa forza vocal, puxérono para dar pulo á causa feminista neste 8M, a proposta das áreas de Cultura e Igualdade da Deputación da Coruña como forma de comemorar o Día Internacional das Mulleres.

Sermos Galiza

xoves, 2 de marzo de 2017

Rosalía Pequeniña

As alumnas e os alumnos de 5 anos quixeron render unha pequena homenaxe á figura de Rosalía de Castro con este photocall e aprendendo esta canción que sona de fondo, do disco Rosalía pequeniña de Uxía.



Invitámosvos tamén a ver e escoitar o orixinal neste enlace:

mércores, 1 de marzo de 2017

Xogo do Entroido



Sabedes o que é unha entroidada, unha comparsa, unha pantalla, un meco, unha androlla ou unha farelada? 

Animádesvos a xogar a este xogo Do Entroido e comprobar os vosos coñecementos sobre o tema?

http://portaldaspalabras.gal/xogo/correr-o-entroido/