venres, 28 de abril de 2017

Sonetos

As alumnas e os alumnnos de 6º de Educación Primaria estiveron estudando os sonetos e puxéronse mans á obra a escribir, iso si, respectando as normas dos sonetos: catorce versos de once sílabas organizados en dous cuartetos (estrofas de catro versos) e dous tercetos (estrofas de tres versos) con rima consonante, seguindo o esquema métrico ABBA:ABBA nos dous cuartetos e unha rima máis libre nos tercetos.

Non é tan doado como parece e o alumnado fíxoo moi ben. Noraboa! 

xoves, 20 de abril de 2017

IV Mostra do Entroido, 2017

Nestes vídeos amosámosvos o resultado final da IV Mostra de Entroido 2017 no que participaron os distintos centros educativos de Lamas de Abade: CIFP Compostela, CEIP Lamas de Abade, EI Raiola, ASPANAES e IES Lamas de abade, coa colaboración dos Peliqueiros de Laza.

luns, 17 de abril de 2017

Cantigas medievais

As alumnas e os alumnos de 6ºA estiveron estudando as cantigas galego-portuguesas medievais e quixeron practicar a arte de trovar na aula. 

Aquí tedes o resultado: