xoves, 25 de xuño de 2020
xoves, 11 de xuño de 2020
BEN FALADO!
COÑECEDES A LISTA DE REPRODUCIÓN DE POLÍTICA LINGÜÍSTICA TITULADA "BEN FALADO"? AQUÍ TEDES O PRIMEIRO DESES VÍDEOS, E NON DEIXEDES DE VER NA SÚA CANLE DE YOUTUBE OS RESTANTES, PORQUE TEÑEN COUSAS MOI INTERESANTES.
martes, 9 de xuño de 2020
CURSO DE COCIÑA EN LIÑA PARA A CATIVADA
As orixinais receitas foron elaboradas polos prestixiosos cociñeiros Xenxo Piñeiro, Santiago Martínez, David Cibre e Miguel A. Caruncho da Escola de Hostalaría Belarmino Fernández, en Sober (Lugo)
Este saboroso curso será emitido en liña cada sábado, do 13 de xuño ao 11 de xullo, ás 10 horas e na web cidadedacultura.gal e nas redes sociais do Gaiás
Enxírese dentro da campaña #aculturasegue da Consellería de Cultura para ofrecer contidos de calidade e lecer ante as limitacións de actividades presencias pola covid-19.
xoves, 4 de xuño de 2020
A VER SE ACERTAS ESTA FESTA POPULAR...
Os Centros Socioculturais de Compostela propóñenvos este xogo de cultura galega. A ver canto sabedes, e canto acertades.
Animádevos a participar, poñédevos a proba. Cada día daranvos un anaquiño máis para axudarvos nas túas pescudas.
martes, 2 de xuño de 2020
XOGOS: O COMECOCOS
OS CENTROS SOCIOCULTURAIS DE COMPOSTELA PROPOÑEN TAREFAS COMA ESTA: ELABORAR O MÍTICO XOGO DO COMECOCOS, ASÍ QUE COLLEDE PAPEL E PROBADE COA PAPIROFLEXIA SEGUINDO ESTES PASOS. CLICADE NA IMAXE!
Libro interactivo Ricardo Carvalho Calero
Para conmemorar o 17 de maio, no CEIP de Figueiroa elaboraron este libro interactivo onde atoparedes moitas actividades sobre o autor homenaxeado este ano nas Letras Galegas.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)