xoves, 19 de maio de 2022

CELEBRAMOS O DÍA DAS LETRAS E OS MAIOS.

 

O pasado luns, véspera do día das Letras Galegas aproveitamos para facer a fermosa celebración dos MAIOS, a chuvia non impediu que gozáramos dunha xornada chea de ilusión, na que as rimas, as flores e a música non nos deixaron indiferentes se non con máis gañas e ilusión de facer cousas xuntos, porque é así como mellor saben e como máis se desfrutan. Moitas grazas a todos e a todas os que facedes posible estas actividades.





Deixamos aquí os enlaces para poder visionar un pequeno resumo deste bonito día.


















































sábado, 19 de febreiro de 2022

VISITA DOS FOLLATEIROS E AS FOLLATEIRAS DE LOBIOS

 Onte, venres día 18 de febreiro, tivemos a sorte de coñecer de cerca o entroido de Lobios. A pesar do tempo puidemos desfrutar dun día festivo cheo de ledicia e ata houbo quen se animou a botar unha baila.

Aquí podedes ver un resumo de toda unha mañán de entroidada. 

















venres, 4 de febreiro de 2022

ENTROIDO 2022

Como xa sabedes este ano a mostra do entroido chega desde Lobios coa imaxe dos FOLLATEIROS.

O día 18 de febreiro, se a situación epidemiolóxica e o tempo o permiten contaremos coa visita da mostra no noso centro. Un grupo de follateiros e follateiras achegaranse desde Lobios para ensinarnos o seu traxe tradicional, facendo unha exhibición para todas as nenas e nenos do Lamas. Para que isto sexa posible deseñamos un croquis onde se indica o lugar que debe ocupar cada grupo, respectando os grupos burbulla tal e como se especifica no protocolo COVID.  

Ese día, 18 de febreiro, poderemos vir disfrazados á escola con atuendos tradicionais de entroido, ben sexa de follateiros, velliños, velliñas, oficios, etc.

O día 25 de febreiro pecharemos a celebración do entroido e cada quen poderá vir disfrazado como queira, tendo en conta que os disfraces non deberán ter como complementos espadas, pistolas, ou obxectos colgados do corpo e sempre e en todo caso serán cómodos e prácticos para as crianzas. 

Durante a semana do 21 ao 25 de febreiro poderemos seguir os mandados do noso MECO, onde nos desafía cun reto para cada día.


CRONOGRAMA DA IX MOSTRA DO ENTROIDO.


PARTE I: SALÓN DE ACTOS DO CIFP COMPOSTELA.

. 10:00 Presentación da IX Mostra do Entroido.

. 10:05 Benvida dos Xenerais da Ulla.

. 10:10 Presentación da actividade-exposición e dos participantes.

. 10:15 Incorpóranse ao escenario os participantes para exhibir indumentarias de follateiros e follateiras.

. 10:16 Exposición sobre tradición, recuperación e desenvolvemento do Entroido de Lobios.

. 11:00 Remate da 1ª parte da actividade, agradecementos aos colaboradores e participantes. Actuación de Abadiño Son.

. 11:10 Saída cara os centros veciños:

               11:15 CEIP Lamas de Abade.

               11:40 EEI Raiola.

               11:55 CEE ASPANAES.

               12:15 IES  Lamas de Abade.

               12:40 CIFP Compostela.

* Estes horarios son orientativos. 

PARTE II: POLA ALDEA DE LAMAS DE ABADE.

Representación do Entroido de Lobios co acompañamento musical do grupo Abadiño Son.

               11:15 CEIP Lamas de Abade.

               11:40 EEI Raiola.

               11:55 CEE ASPANAES.

               12:15 IES  Lamas de Abade.

               12:40 CIFP Compostela.


. 13:00 Remate da actividade e agradecementos.

. 13:05 Degustación gastronómica tradicional de Entroido elaborada polo profesorado e alumnado dos depatamentos de Hostalería e Turismo e Industrias alimentairas.

NOTA: distribuiranse caixas con escolma de especialidades do Entroido a cada centro participante.

. 13:30 Fin da actividade.


CROQUIS E DISPOSICIÓN DOS GRUPOS NA ESCOLA.


MANDADOS DO MECO.