A Real Academia Galega (RAG) reforzou a súa presenza en Galiciana, a biblioteca dixital de Galicia, “cun novo micrositio que facilita o acceso a máis de 800 libros e folletos do século XIX”, segundo informa esta entidade.
Tal e como recolle o xornal Galicia Confidencial, as obras dixitalizadas suman máis de 120.000 páxinas entre as que se atopan títulos de grandes figuras das letras galegas. O espazo permite un acceso máis sinxelo a edicións históricas de Rosalía de Castro, Curros Enríquez ou Eduardo Pondal e tamén a libros de autores e autoras que crearon en castelán como Concepción Arenal, Emilia Pardo Bazán ou Sofía Casanova.
Ningún comentario:
Publicar un comentario