venres, 20 de novembro de 2020

TEMPO DE CASTAÑAS...

O profesorado destes seis centros coruñeses (CEIP Manuel Murguía, A Coruña; CEIP Salgado Torres, A Coruña; CEIP Ramón de la Sagra, A Coruña; CEIP Fernández Latorre, A Coruña; CEIP de Carnota, Carnota; CEIP Otero Pedrayo, A Laracha (A Coruña) comparte connosco unha ampla selección de recursos e materiais didácticos sobre o Magosto. Ademais das lecturas, dos xogos e dos exercicios de comprensión lectora para traballar dentro da aula cos nenos e as nenas de primaria, tamén atoparedes tarefas de colorear e recortar moi axeitadas para que os máis pequenos vaian coñecendo mellor esta tradición. O traballo inclúe debuxos e ilustracións feitos polo alumnado. 
Parabéns a todos polo traballo!


 

Ningún comentario:

Publicar un comentario