venres, 7 de maio de 2021

Letras Galegas, 2021. Participades?

Compostela, a 7 de maio de 2021

Estimadas familias:

A vindeira semana entramos de cheo na Semana das Letras Galegas, e para celebrala o Equipo de Dinamización da Lingua Galega proponvos que participes na seguinte actividade.

A raíz do seguinte poema de Xela Arias, pensamos en encher as paredes do noso cole de fotografías do alumnado xunto cunha frase ou pequeno texto representativo:

Tódolos bebés son tu e ningún coma ti.
Tódolos nenos son tu e ningún coma ti.
Tódolos adolescentes son tu e ningún coma ti.
Tódolos mozos son tu e ningún coma ti.

Tódolos anciáns son tu e ningún coma ti.
Tódalas nais son eu e todas, coma min, saben que es único.

I
Dis ma-ma-má
e consegues oito pasos seguidos sen axuda
cara a nós. ¿Vesme?
Son a nai que te pariu e coida
Face-lo o necesario porque avances.

II
¿Que é o necesario?
Coma sempre:
Asumir que me equivoco e seguir investigando.
Como sempre en min,
E máis contigo.
Busco o modo de te acompañar sen estorbo,
Que seas ó meu carón feliz e creador
De ti,
De ti e mailo mundo que apañes 
Non me gustaban de nena os peluches
E lembran meus pais que non xoguei moito as bonecas.
Non me deteño a cociñar e na química das quimeras
Rocei un xeito de delincuencia xuvenil.
Un xénero feminino algo a desmán das narracións para o ano en que nacín.
 
E vés
Ti
Agora,
Primeiro imaxinado e xa querido,
Logo presente nestes cuartos a diario:



Hai posible en ser muller un privilexio imposible de transferir.

Xela Arias


 
Podedes entregar os vosos traballos (ATA O DÍA 21 DE MAIO) en formato A5 (medio folio) aos titores e titoras, ou ben envialo ao seguinte correo electrónico do EDLG e encargámonos nós de imprimir:

 ceiplamasdeabade@gmail.com

 Moitas grazas pola vosa colaboración!

Saúdos,

Equipo de Dinamización da Lingua Galega


Ningún comentario:

Publicar un comentario