xoves, 18 de novembro de 2021

IX MOSTRA DO ENTROIDO

Como cada ano o noso centro participa coas demais escolas da contorna na Mostra do Entroido.

A mostra deste ano chéganos dende a Baixa Limia. Serán os Follateiros de Lobios os que nos conquisten cos seus extraordinarios traxes feitos a partir de materiais naturais, como o millo.

A figura do follateiro saía a correr polos pobos no Entroido, facendo algunhas trasnadas animando as xentes ante a chegada do novo ciclo da terra: a primavera. Como a roupa que tiñan para correr o Entroito era somentes farrapos, adornábanse coséndolle follatos do millo para tapar os rotos, e logo facendo colares, cintos e corpiños cos carozos, levando tamén colgadas as espigas raíñas, e millo de cores, cos que se fan as máscaras.

O material que se precisa son principalmente os follatos de millo, que se recollen no tempo seco, para que non teñan moho. Os carozos para facer os cintos e corpiños, xunto cun cordel para tecelos. O millo de cores para facer as máscaras.

Sería necesario contar co seguinte:

- Un pantalón ou saia vella.

- Unha blusa ou camisa branca.

- Unha toquilla (mulleres) ou capa (homes).

- Chapeos (de palla, ou mesmo de plástico ou cartón).

- Máscara branca de cartón.

- Calcetíns de lá.

- Zocos ou botas de imitación ou coiro.

Como é complicado coser tantos follatos o que nos din desde a Asociación de Follateiros de Lobios é que as pegan cunha pistola de silicona térmica, para facer o proceso máis rápido e seguro.













6 comentarios:

  1. Hola, la idea me parece fantástica pero sería ya perfecto si los niños trabajasen esta actividad en clase, en sus correspondientes horas de plástica, cada uno elaborando su propia máscara con ayuda de los profesores.

    Un saludo,

    Eva Pérez Pena

    ResponderEliminar
  2. Boísima idea e moi orixinal o disfraz, pero non me parece que sexa unha actividade para ter que facer os pais na casa. Estaría xenial que o fixeran na clase de plástica.
    Un saúdo,
    Laura Fernández Llecha

    ResponderEliminar
  3. Me parece bien que entre todos intentemos juntar lo necesario para los disfraces, pero creo que esa labor tendrían que hacerla en clase de plástica a los pocos

    ResponderEliminar
  4. Que ben que sigamos co entroido tradicicional!
    este ano será un reto ;-)

    ResponderEliminar
  5. Nos encanta cada año la idea!! Eso sí, me sumo a los comentarios anteriores, creo seria mucho mejor que los niños trabajaran el disfraz conjuntamente en el colegio... Gracias

    ResponderEliminar
  6. Estou de acordo cos comentarios anteriores,moi boa idea pero para executala na aula

    ResponderEliminar