xoves, 18 de novembro de 2021

IX MOSTRA DO ENTROIDO

Como cada ano o noso centro participa coas demais escolas da contorna na Mostra do Entroido.

A mostra deste ano chéganos dende a Baixa Limia. Serán os Follateiros de Lobios os que nos conquisten cos seus extraordinarios traxes feitos a partir de materiais naturais, como o millo.

A figura do follateiro saía a correr polos pobos no Entroido, facendo algunhas trasnadas animando as xentes ante a chegada do novo ciclo da terra: a primavera. Como a roupa que tiñan para correr o Entroito era somentes farrapos, adornábanse coséndolle follatos do millo para tapar os rotos, e logo facendo colares, cintos e corpiños cos carozos, levando tamén colgadas as espigas raíñas, e millo de cores, cos que se fan as máscaras.

O material que se precisa son principalmente os follatos de millo, que se recollen no tempo seco, para que non teñan moho. Os carozos para facer os cintos e corpiños, xunto cun cordel para tecelos. O millo de cores para facer as máscaras.

Sería necesario contar co seguinte:

- Un pantalón ou saia vella.

- Unha blusa ou camisa branca.

- Unha toquilla (mulleres) ou capa (homes).

- Chapeos (de palla, ou mesmo de plástico ou cartón).

- Máscara branca de cartón.

- Calcetíns de lá.

- Zocos ou botas de imitación ou coiro.

Como é complicado coser tantos follatos o que nos din desde a Asociación de Follateiros de Lobios é que as pegan cunha pistola de silicona térmica, para facer o proceso máis rápido e seguro.













AS ANDANZAS DOS MONIFATES E DON GAIFEROS

O pasado mércores 19 de novembro o alumnado de 2º de primaria asistiu ao espectáculo de "Os Monifates" un peculiar carromato tirado por dous músicos ambulantes que percorren vilas e pobos cunha importante misión, a de amosar a música e instrumentación da cultura galega. Na súa viaxe fóronse formando os máis diversos e peculiares bailaríns (monicreques), integrando así música e monicreques nun espectáculo no que o alumnado gozou moito. Esta singular troupe está formado polo porco Antón, os bailaríns Xaquín e Maruxa, Saturno e Leonor, o galo Farruco e os Barbanzóns.


Grazas á Secretaría Xeral de Política Lingüística e á coordinadora territorial dos EDLG da provincia da Coruña, por achegarnos este espectáculo.











xoves, 27 de maio de 2021

ACTIVIDADE DAS LETRAS GALEGAS, 2021

 NAS PASADAS SEMANAS ENVIAMOS UNHA NOTA ÁS FAMILIAS CONVIDÁNDOAS A PARTICIPAR NUNHA ACTIVIDADE RELACIONADA CUN POEMA DE XELA ARIAS. VELAQUÍ O RESULTADO:




GRACIÑAS A TODAS POR PARTICIPAR.


luns, 24 de maio de 2021

Xela Arias en 1ºA

MIRADE CANTAS COUSAS APRENDERON AS NENAS E OS NENOS DE 1ºA DA MAN DA SÚA PROFE CARMEN SOBRE XELA ARIAS E A SÚA BIOGRAFÍA. 

PARABÉNS POLO TRABALLO BEN FEITO!!!


NACEMENTO E ESTUDOS

PREMIO ESCOLAR E TRABALLO

OBRAS E TRADUTORA

LETRAS GALEGAS, 2021

LIBROS DAS NENAS E DOS NENOS DE 1ºA

martes, 18 de maio de 2021

Maios, 2021

BOAS TARDES A TODAS!!!

NO CEIP LAMAS DE ABADE QUIXEMOS, UN ANO MÁIS, CELEBRAR OS MAIOS E DARLLE ASÍ A BENVIDA ÁS FLORES QUE AGROMAN NESTA ÉPOCA DO ANO. PARA ISTO, NO VESTÍBULO DO COLE COLOCAMOS UNHA EXPOSICIÓN COS NOMES DAS FLORES MÁIS TÍPICAS CON EXEMPLARES REAIS DE CADA UN HA DELAS. ESTE FOI O RESULTADO, QUE ESPEREMOS QUE VOS GUSTEN E VOS AXUDEN A COÑECER PLANTAS DA FLORA DE GALICIA:

IMAXE XERAL DA EXPOSICIÓN

CALÉNDULA - XESTA

BOTÓN DE OURO - BRIÓN

FIUNCHO

PAMPILLO

CALA

DENTE DE LEÓN - CALA

MARGARIDA


venres, 7 de maio de 2021

Letras Galegas, 2021. Participades?

Compostela, a 7 de maio de 2021

Estimadas familias:

A vindeira semana entramos de cheo na Semana das Letras Galegas, e para celebrala o Equipo de Dinamización da Lingua Galega proponvos que participes na seguinte actividade.

A raíz do seguinte poema de Xela Arias, pensamos en encher as paredes do noso cole de fotografías do alumnado xunto cunha frase ou pequeno texto representativo:

Tódolos bebés son tu e ningún coma ti.
Tódolos nenos son tu e ningún coma ti.
Tódolos adolescentes son tu e ningún coma ti.
Tódolos mozos son tu e ningún coma ti.

Tódolos anciáns son tu e ningún coma ti.
Tódalas nais son eu e todas, coma min, saben que es único.

I
Dis ma-ma-má
e consegues oito pasos seguidos sen axuda
cara a nós. ¿Vesme?
Son a nai que te pariu e coida
Face-lo o necesario porque avances.

II
¿Que é o necesario?
Coma sempre:
Asumir que me equivoco e seguir investigando.
Como sempre en min,
E máis contigo.
Busco o modo de te acompañar sen estorbo,
Que seas ó meu carón feliz e creador
De ti,
De ti e mailo mundo que apañes 
Non me gustaban de nena os peluches
E lembran meus pais que non xoguei moito as bonecas.
Non me deteño a cociñar e na química das quimeras
Rocei un xeito de delincuencia xuvenil.
Un xénero feminino algo a desmán das narracións para o ano en que nacín.
 
E vés
Ti
Agora,
Primeiro imaxinado e xa querido,
Logo presente nestes cuartos a diario:



Hai posible en ser muller un privilexio imposible de transferir.

Xela Arias


 
Podedes entregar os vosos traballos (ATA O DÍA 21 DE MAIO) en formato A5 (medio folio) aos titores e titoras, ou ben envialo ao seguinte correo electrónico do EDLG e encargámonos nós de imprimir:

 ceiplamasdeabade@gmail.com

 Moitas grazas pola vosa colaboración!

Saúdos,

Equipo de Dinamización da Lingua Galega


xoves, 25 de febreiro de 2021

Feliz Día de Rosalía, 2021


AS ALUMNAS E OS ALUMNOS DE 1ºA, B E C ELABORARON UNS LIBROS COA VIDA E OBRA DE ROSALÍA DE CASTRO, PARA CONMEMORAR O DÍA DO SEU ANIVERSARIO, E GRAZAS AOS LIBROS APRENDERON MOITÍSIMAS COUSAS SOBRE ESTA AUTORA TAN REPRESENTATIVA DAS LETRAS GALEGAS.

1. NACEMENTO
2. INFANCIA

3. ESTUDOS 
4. ETAPA EN MADRID

5. OBRAS 
6. ANACO DUN POEMA

7. NA SÚA CASA DE PADRÓN

ALUMNADO DE 1º CON CARETAS DE ROSALÍA DE CASTRO


mércores, 17 de febreiro de 2021

ENTROIDO EN 5º C

E DENTRO DA AULA DE 5ºC TIVERON LUGAR VARIOS ACTOS PARA FESTEXAR ESTA VIII MOSTRA DE ENTROIDO DEDICADA AO ENTROIDO DE ARCOS, MAZARICOS. POR UNHA BANDA, RITA DOCE DELEITOUNOS CUNHA COPLA:


POR OUTRA BANDA,  AS NENAS E OS NENOS DA AULA CANTARON UNHAS COPLAS:


E SEGUIRON CO RETROUSO:



E AGORA, CANTADE TODOS CON NÓS PREMENDO NAS IMAXES A RITMO DE "BAILACHES, CAROLINA":


"NO CEIP LAMAS DE ABADE
VAI UNHA VIRUXE FRESCA,
AS VENTÁS ESTÁN ABERTAS
E AS PORTAS NON SE PECHAN.

TES FRÍO, MEU MENIÑO
ABRÍGATE, MEU REI
PON AS CATRO BUFANDAS
OU O BISÓN DE PEL.

OU O BISÓN DE PEL
OU O BISÓN DE PEL
TES FRÍO, MEU MENIÑO
ABRÍGATE, MEU REI.

CON ESTE TEMA DO COVID
A COMIDA XA NON SABE.
NON É QUE NON TEÑA FAME
É QUE NON TEN NINGÚN ARTE.

COMEDE, DINOS MAMEN
COMER, SI SEÑOR
PERO É QUE ESTA COMIDA
NON TEN NINGÚN SABOR.

NON TEN NINGÚN SABOR
NON TEN NINGÚN SABOR
ONDE ESTÁN OS DE ANTES
VOLVEDE, POR FAVOR!!"

ALUMNAS E ALUMNOS DE 5ºC


PRESENTACIÓN DA OBRA "AS XENERALAS DA ULLA"

O PASADO VENRES TIVO LUGAR DE FORMA VIRTUAL A PRESENTACIÓN OFICIAL DA OBRA "AS XENERALAS DA ULLA" POR PARTE DA SECRETARÍA XERAL DE POLÍTICA LINGÜÍSTICA: