xoves, 28 de maio de 2020

UD Carvalho Calero en pictogramas

O profesorado do CEE A Barcia de Santiago de Compostela tamén quere contribuír ao espallamento da figura de Carvalho Calero con esta unidade didáctica ilustrada con pictogramas; a mellor canle para que o escritor ferrolán tamén sexa coñecido polo alumnado con necesidades educativas especiais e dificultades de linguaxe. Unha singular homenaxe ao docente don Ricardo.

UD Carvalho Calero en pictogramas

luns, 18 de maio de 2020

venres, 15 de maio de 2020

SERIE DE CARICATURAS DE CARVALHO CALERO ELABORADAS POR SIRO

A colección conta con 24 deseños de estilos diferentes -desde a caricatura con esaxeracións mínimas para salientar a expresión do retratado ata a de esaxeracións máximas, nun xogo artístico e humorístico cos riscos faciais- que percorren a evolución de don Ricardo desde a mocidade ata a madureza.

O debuxante comezou o seu traballo en decembro de 2019 e, segundo as súas propias palabras, quixo "humanizar o personaxe, de xeito que non sexa só un nome, senón un home, para os mozos que van acceder a el na celebración do Día das Letras Galegas. Un home que me distinguiu coa súa amizade, que tantas veces riu comigo e algunhas se emocionou recordando o noso Ferrol. Por iso este traballo está feito desde o afecto, a gratitude e a amizade".
O artista ten realizado outras series de caricaturas e retratos dedicados a Picasso, Valle Inclán ou Ramón Piñeiro. "Son", di Siro, "traballos de investigación que fago de cando en cando sobre as posibilidades do retrato e da caricatura para apreixar a personalidade do modelo cando este me interesa especialmente. No caso de Carvalho traballei só no eido da caricatura por ser máis atractiva para os rapaces".


xoves, 14 de maio de 2020

AS PITAS BAIXO A CHOIVA

O proxecto As pitas baixo a choiva da Coordenadora de Equipas de Normalización Lingüística de Ferrolterra, para nenos e nenas de 3 a 12 anos, que inclúe o relato orixinal en formato conto cedido pola Editorial Embora, pezas musicais e mais a unidade didáctica.



UNIDADES DIDÁCTICAS SOBRE CARVALHO VALERO

A Associaçom Galega da Língua (AGAL), en colaboración coa Secretaría Xeral de Política Lingüística (SXPL) e a Deputación da Coruña, elaborou unha serie de unidades didácticas coa finalidade de divulgar a figura de Carvalho Calero entre a comunidade educativa, en especial entre o profesorado de galego e de portugués de todos os niveis do ensino público non universitario.


Son unidades coordinadas por Teresa Crisanta V. Pilhado e Eduardo Maragoto e diagramadas por Uxio Outeiro:
  • Á descuberta de Carvalho Calero, de Bernardo Penabade: un percorrido pola vida e a obra do autor, cunha detallada cronobiografía e diversas tarefas que teñen como obxectivo salientar o seu papel como planificador lingüístico e docente e presentarlle ao alumnado de bacharelato o modelo lingüístico que defendeu.

https://www.lingua.gal/c/document_library/get_file?folderId=1647069&name=DLFE-20756.pdf


  • Scórpio, de Teresa Crisanta V. Pilhado: unha análise desta obra narrativa de Carvalho Calero, que salienta os trazos autobiográficos que aparecen nela e propón como tarefa final a creación dun novo capítulo co cal participar nun concurso con tres categorías (1.º e .º da ESO, 3.º e 4.º da ESO e 1.º e .º de bacharelato) que terán como premio a inscrición de dous anos a Através Editora, coa correspondente recepción dos libros desta editorial.

https://www.lingua.gal/c/document_library/get_file?folderId=1647069&name=DLFE-20754.pdf

  • Un ollar feminista sobre Scórpio, de Susana Sánches Aríns: unha lectura desde unha perspectiva feminista desta obra que foi Premio de Narrativa en 1987; Susana Aríns analiza as mulleres que aparecen na novela e en que medida se corresponden coas da vida real na etapa histórica que esta reflicte.

https://www.lingua.gal/c/document_library/get_file?folderId=1647069&name=DLFE-20749.pdf

  • Carvalho Calero e a literatura, de Marisa Moredo Leirado: un estudo do papel de Ricardo Carvalho Calero como estudoso da literatura galega, que se centra en especial na súa Historia da Literatura Galega Contemporánea. Remata cunha interesante proposta para o alumnado da ESO: realizar unha entrada máis para esta magna obra que recolla os datos máis destacados da produción de Ricardo Carvalho Calero.

https://www.lingua.gal/c/document_library/get_file?folderId=1647069&name=DLFE-20750.pdf

  • Carvalho Calero e a lingua, de Marisa Moredo Leirado: unha unidade que mostra a relevancia de Carvalho Calero como lingüista, desde a súa Gramática elemental del gallego común á proposta reintegracionista que defendeu na última etapa e que propón como tarefa final para o alumnado da ESO a elaboración dunha gramática reintegracionista, tomando como base o anexo que se lle fornece.

https://www.lingua.gal/c/document_library/get_file?folderId=1647069&name=DLFE-20745.pdf

  • Carvalho Calero para o ensino primario, de Laura García Diaz: unha unidade que lle achega a vida, a obra e a proposta ortográfica de Carvalho Calero ao alumnado de educación infantil e primaria mediante unha serie de actividades lúdicas e interactivas en liña.

https://www.lingua.gal/c/document_library/get_file?folderId=1647069&name=DLFE-20748.pdf

RECORDANDO CARVALHO CALERO

A Secretaría Xeral de Política Lingüística, co fin de divulgar a figura e o legado de Ricardo Carvalho Calero, pon á vosa disposición os carteis das exposicións gañadoras do Concurso-Exposición Letras Galegas, así como as guías didácticas correspondentes a cada mostra. 

En vésperas da conmemoración do 17 de maio, a Secretaría Xeral de Política Lingüística fai públicos, a través do Portal da Lingua, os carteis e as guías premiadas no 
Concurso-Exposición das Letras Galegas 2020 dedicado a Ricardo Carvalho Calero. 

A exposición gañadora na categoría de centros de educación infantil e primaria é Recordando Carvalho Calero, do CEIP Xesús San Luís Romero de Carballo (A Coruña). Trátase dunha serie de carteis que combinan da forma máis axeitada a beleza estética, a calidade da lingua e o recurso ás tecnoloxías da información e da comunicación máis innovadoras (como a realidade aumentada), coa finalidade de difundir a vida e a obra de Carvalho Calero entre o público máis novo, incluído o que presenta necesidades específicas de apoio educativo.

     

No seguinte enlace atoparedes a Guía didáctica para traballar a figura de Carvalho Calero:

https://www.lingua.gal/c/document_library/get_file?folderId=1647069&name=DLFE-20725.pdf






          

mércores, 13 de maio de 2020

XOGO LETRAS, 2020

E PARA OS MAIORES DO COLE... UN ESCAPEROOM SOBRE RICARDO CARVALHO CALERO ELABORADO POR A FIESTRA DA MESTRA. A VER QUE TAL SE VOS DÁ!!


luns, 11 de maio de 2020

SABÍADES QUE...?

Durante a súa primeira etapa en Santiago de Compostela, Ricardo Carvalho Calero entra en contacto co galeguismo e co Seminario de Estudos Galegos, do que chegou a ser secretario.




LECTURA PARTICIPATIVA EN LIÑA


PARA COÑECER UN POUCO MÁIS A OBRA DESTE AUTOR, A CIDADE DA CULTURA PROPÓN A LECTURA PARTICIPATIVA EN LIÑA DUNHA ESCOLMA DE TEXTOS DO AUTOR REALIZADA POR PILAR PALLARÉS, PREMIO NACIONAL DE POESÍA.

PREMEDE NA IMAXE PARA ACCEDER A TODA A INFORMACIÓN DO GAIÁS ONDE #aculturasegue.

RICARDO CARVALHO CALERO, ACIVIDADES EN LIÑA


O SEMINARIO GALÁN ORGANIZA, COMO TODOS OS ANOS, E PON AO NOSO DISPOR ACTIVIDADES RELACIONADAS COA PERSOA HOMENAXEADA NO DÍA DAS LETRAS GALEGAS.

PREMENDO NO ENLACE ACCEDEREDES Á INFORMACIÓN E ÁS ACTIVIDADES EN LIÑA E PARA IMPRIMIR DE RICARDO CARVALHO CALERO.

SEMANA DAS LETRAS GALEGAS

AO LONGO DESTA SEMANA, A SEMANA DAS LETRAS GALEGAS, IREMOS COMPARTINDO CON VÓS ACTIVIDADES RELACIONADAS COA LINGUA, COA CULTURA E CO HOMENAXEADO ESTE ANO 2020, RICARDO CARVALHO CALERO.

COMEZAMOS HOXE, POIS, CUNHA ACTIVIDADE RELACIONADA CUN POST DO PASADO 21 DE MARZO NO QUE VOS ANIMAMOS A APRENDER BAILE GALEGO DA MAN DE LUIS PREGO APROVEITANDO O CONFINAMENTO. 

AGORA TEDES A OPORTUNIDADE DE DEMOSTRAR AS VOSAS CUALIDADES NO BAILE, E CONVIDÁMOSVOS A QUE ENVIEDES AO CORREO ELECTRÓNICO DO EQUIPO DE DINAMIZACIÓN LINGÜÍSTICA UN BREVE VÍDEO NO QUE BAILEDES A MUIÑEIRA DE CHANTADA, MUIÑEIRA TÍPICA DA NOSA HISTORIA:


OS VOSOS VÍDEOS DEBEREDES MANDALOS AO SEGUINTE CORREO ELECTRÓNICO ATA O  DOMINGO 17 DE MAIO:

ceiplamasdeabade@gmail.com

AO LONGO DA MAÑÁ DO LUNS 18 PUBLICAREMOS O VÍDEO NO BLOG!!!





xoves, 7 de maio de 2020

Programa #AfundacionNaCasa


Con motivo do COVID-19 pechan todos os edificios ao público, pero así a todo, algúns seguen a traballar desde a casa para ofrecer actividade a través da rede. Nace así Afundación na casa, un espazo de encontro virtual que une voluntariado, cultura, formación e apoio á xente maior e que irá medrando cada día con novos contidos para ti. Dentro deste novo espazo, Afundación vén de poñer en aberto o libro 175 debuxos de Castelao.



martes, 5 de maio de 2020

E NA CIDADE DA CULTURA...


RESOLVE OS RETOS QUE CHE PROPÓN A RAPOSA FEDELLA!!

CLICA NA IMAXE E APARECERÁ A INFORMACIÓN SOBRE ESTA AVENTURA.