A Secretaría Xeral de Política Lingüística, co fin de divulgar a figura e o legado de Ricardo Carvalho Calero, pon á vosa disposición os carteis das exposicións gañadoras do Concurso-Exposición Letras Galegas, así como as guías didácticas correspondentes a cada mostra.
En vésperas da conmemoración do 17 de maio, a Secretaría Xeral de Política Lingüística fai públicos, a través do Portal da Lingua, os carteis e as guías premiadas no
Concurso-Exposición das Letras Galegas 2020 dedicado a Ricardo Carvalho Calero.
A exposición gañadora na categoría de centros de educación infantil e primaria é Recordando Carvalho Calero, do CEIP Xesús San Luís Romero de Carballo (A Coruña). Trátase dunha serie de carteis que combinan da forma máis axeitada a beleza estética, a calidade da lingua e o recurso ás tecnoloxías da información e da comunicación máis innovadoras (como a realidade aumentada), coa finalidade de difundir a vida e a obra de Carvalho Calero entre o público máis novo, incluído o que presenta necesidades específicas de apoio educativo.
No seguinte enlace atoparedes a Guía didáctica para traballar a figura de Carvalho Calero:
https://www.lingua.gal/c/document_library/get_file?folderId=1647069&name=DLFE-20725.pdf
Ningún comentario:
Publicar un comentario