A Associaçom Galega da Língua (AGAL), en colaboración coa Secretaría Xeral de Política Lingüística (SXPL) e a Deputación da Coruña, elaborou unha serie de unidades didácticas coa finalidade de divulgar a figura de Carvalho Calero entre a comunidade educativa, en especial entre o profesorado de galego e de portugués de todos os niveis do ensino público non universitario.
Son unidades coordinadas por Teresa Crisanta V. Pilhado e Eduardo Maragoto e diagramadas por Uxio Outeiro:
- Á descuberta de Carvalho Calero, de Bernardo Penabade: un percorrido pola vida e a obra do autor, cunha detallada cronobiografía e diversas tarefas que teñen como obxectivo salientar o seu papel como planificador lingüístico e docente e presentarlle ao alumnado de bacharelato o modelo lingüístico que defendeu.
https://www.lingua.gal/c/document_library/get_file?folderId=1647069&name=DLFE-20756.pdf
- Scórpio, de Teresa Crisanta V. Pilhado: unha análise desta obra narrativa de Carvalho Calero, que salienta os trazos autobiográficos que aparecen nela e propón como tarefa final a creación dun novo capítulo co cal participar nun concurso con tres categorías (1.º e .º da ESO, 3.º e 4.º da ESO e 1.º e .º de bacharelato) que terán como premio a inscrición de dous anos a Através Editora, coa correspondente recepción dos libros desta editorial.
- Un ollar feminista sobre Scórpio, de Susana Sánches Aríns: unha lectura desde unha perspectiva feminista desta obra que foi Premio de Narrativa en 1987; Susana Aríns analiza as mulleres que aparecen na novela e en que medida se corresponden coas da vida real na etapa histórica que esta reflicte.
https://www.lingua.gal/c/document_library/get_file?folderId=1647069&name=DLFE-20749.pdf
- Carvalho Calero e a literatura, de Marisa Moredo Leirado: un estudo do papel de Ricardo Carvalho Calero como estudoso da literatura galega, que se centra en especial na súa Historia da Literatura Galega Contemporánea. Remata cunha interesante proposta para o alumnado da ESO: realizar unha entrada máis para esta magna obra que recolla os datos máis destacados da produción de Ricardo Carvalho Calero.
https://www.lingua.gal/c/document_library/get_file?folderId=1647069&name=DLFE-20750.pdf
- Carvalho Calero e a lingua, de Marisa Moredo Leirado: unha unidade que mostra a relevancia de Carvalho Calero como lingüista, desde a súa Gramática elemental del gallego común á proposta reintegracionista que defendeu na última etapa e que propón como tarefa final para o alumnado da ESO a elaboración dunha gramática reintegracionista, tomando como base o anexo que se lle fornece.
https://www.lingua.gal/c/document_library/get_file?folderId=1647069&name=DLFE-20745.pdf
- Carvalho Calero para o ensino primario, de Laura García Diaz: unha unidade que lle achega a vida, a obra e a proposta ortográfica de Carvalho Calero ao alumnado de educación infantil e primaria mediante unha serie de actividades lúdicas e interactivas en liña.
https://www.lingua.gal/c/document_library/get_file?folderId=1647069&name=DLFE-20748.pdf
Ningún comentario:
Publicar un comentario