domingo, 28 de xaneiro de 2018

ULE A ENTROIDO!!!

NO CEIP LAMAS DE ABADE XA ESTAMOS METIDOS DE CHEO NA CELEBRACIÓN DO ENTROIDO DO VINDEIRO VENRES 2 DE FEBREIRO. 

O ALUMNADO DE 6º, DA MAN DA PROFE ROSA, PINTOU AS LETRAS DO CARTEL QUE ANUNCIA O ENTROIDO RIBEIRAO, E O ALUMNADO DE 4 ANOS, DA MAN DA PROFE MARÍA, PEGOU AS LETRAS E DEULLE AIRE DE FESTA  Á ENTRADA DO COLE.


xoves, 18 de xaneiro de 2018

V MOSTRA DE ENTROIDO



A V Mostra de Entroido de Lamas de Abade estará adicada este ano ao Ribeirao de Chantada, e celebrarase o vindeiro VENRES 2 DE FEBREIRO. Nos seguintes enlaces podedes atopar información sobre o mesmo:



Para a celebración do Entroido o venres 2, necesitamos que o alumnado acuda ao centro ataviado con disfraces alusivos ao Entroido Ribeirao, polo que suxerimos os seguintes:


-          Volantes
-          Maragatos
-          Choqueiros e choqueiras
-          Oficios tradicionais
-          Homes de palla
-          Vellas e vellos
-          Máscaras de papel de periódico


Durante a semana do 5 ao 9:


O Meco realizará os seus tradicionais mandadiños, que aparecerán na entrada do colexio e no blogue do EDLG. 


Estes mandadiños culminarán o día 9, día no que o alumnado e mestras e mestras poderán acudir ao centro disfrazados tal e como manda o Meco ou LIBREMENTE.



Grazas pola vosa colaboración e Feliz Entroido!



Equipo de Dinamización da Lingua Galega

PRÓXIMAS ACTIVIDADES DE APEGO