martes, 31 de marzo de 2020

O SALÓN VIRTUAL


POR QUE NON VOS DADES UNHA VOLTA POLO SALÓN VIRTUAL DO LIBRO INFANTIL E XUVENIL DE PONTEVEDRA?
ANIMÁDEVOS A NAVEGAR POR EL PORQUE ALÍ ATOPAREDES TEATRO, CONTOS,... E UNHA CHEA DE PROPOSTAS DE TODO TIPO QUE DE SEGURO GOZAREDES.


luns, 30 de marzo de 2020

REALIDADE AUMENTADA


AS AMIGAS DE AULAS GALEGAS NOS EXPLICAN NA SÚA WEB CÓMO EXPERIMENTAR A REALIDADE AUMENTADA. 
ANIMÁDEVOS A PROBALA!!!

venres, 27 de marzo de 2020

EN XOGO

4 XOGOS EN GALEGO 

PARA PASAR O CONFINAMENTO

Xogar en galego é unha posibilidade real durante o confinamento. A Asociación Socio-Pedagóxica Galega (AS-PG) ofrece na súa páxina web, totalmente de balde, catro opcións diferentes e online, para nenas e adultas, cos que pasar as horas durante este encerro.

xoves, 26 de marzo de 2020

XOVES DE MÚSICA

'Bicarelo' é unha canción contida en 'Segundo fogar' (Todomedre, 2019), o novo disco da banda Os Amigos dos Músicos. A canción é unha adapación musical dun poema de Uxío Novoneyra. As imaxes do vídeo clip foron tomadas no Festival dos Eidos de 2018. Gravación e montaxe por Federico Álvarez.

No bicarelo do bico do brelo canta o paxariño. No mesmiño bicarelo do bico do brelo. No bicarelo do bico do brelo canta o paxariño. No mesmiño bicarelo do bico do brelo.

Bicarelo (Letra: Uxío Novoneyra / Arranxo: Raúl Diz)


mércores, 25 de marzo de 2020

RICARDO CARVALHO CALERO, 3O ANOS DESPOIS

Hoxe fai trinta anos do pasamento de Ricardo Carvalho Calero, autor homenaxeado, tras anos de reivindicación, nas Letras Galegas 2020. Aproveitamos a ocasión para propor unha primeira achega á súa prolífica produción nos distintos eidos,...

Calidoscópico Carvalho, após trinta anos

sábado, 21 de marzo de 2020

E SE NOS ANIMAMOS CO BAILE GALEGO?

APRENDE BAILE GALEGO DESDE A CASA DA MAN DE LUIS PREGO. 
ANÍMASTE?

GRAZAS, AULAS GALEGAS.



FELIZ DÍA DA POESÍA

AS COMPAÑEIRAS DE AULAS GALEGAS COMPARTEN ESTA ACTIVIDADE TAN DIVERTIDA PARA CELEBRAR O DÍA DA POESÍA. 
ANIMÁDESVOS?