luns, 25 de xaneiro de 2021

LETRAS GALEGAS, 2021

Xela Arias, a autora homenaxeada o Día das Letras Galegas 2021. Clicade na imaxe para coñecer máis esta autora. Acaso sexa a declaración que sostén con máis clara rotundidade a postura vital e literaria de Xela Arias. Un inconformismo creativo e solidario que, desde a lucidez dunha mente en rebeldía, despregou ao longo de corenta e un anos de vida a paixón da palabra na súa máis depurada independencia, en cada un dos seus actos poéticos, culturais, cívicos.