xoves, 18 de xaneiro de 2018

V MOSTRA DE ENTROIDO



A V Mostra de Entroido de Lamas de Abade estará adicada este ano ao Ribeirao de Chantada, e celebrarase o vindeiro VENRES 2 DE FEBREIRO. Nos seguintes enlaces podedes atopar información sobre o mesmo:



Para a celebración do Entroido o venres 2, necesitamos que o alumnado acuda ao centro ataviado con disfraces alusivos ao Entroido Ribeirao, polo que suxerimos os seguintes:


-          Volantes
-          Maragatos
-          Choqueiros e choqueiras
-          Oficios tradicionais
-          Homes de palla
-          Vellas e vellos
-          Máscaras de papel de periódico


Durante a semana do 5 ao 9:


O Meco realizará os seus tradicionais mandadiños, que aparecerán na entrada do colexio e no blogue do EDLG. 


Estes mandadiños culminarán o día 9, día no que o alumnado e mestras e mestras poderán acudir ao centro disfrazados tal e como manda o Meco ou LIBREMENTE.



Grazas pola vosa colaboración e Feliz Entroido!



Equipo de Dinamización da Lingua Galega

PRÓXIMAS ACTIVIDADES DE APEGO

sábado, 28 de outubro de 2017

Arte na terra, co alumnado de Educación Infantil

Ao longo desta semana as alumnas e os alumnos expresáronse mediante a arte utilizando elementos que nos ofrece a terra e que foron recollidos no patio do noso centro educativo. Neste vídeo deixámosvos unha pequena mostra de cómo foi a ealización desta actividade.

Esperamos que vos guste!!