mércores, 15 de abril de 2020

Descargas da Editorial Laiovento

Laiovento ofrece libros de balde "para axudar a levar o distanciamento social"

A editora galega abre a descarga dixital dos libros Os Borbóns: unha monarquía escandalosa, Os monos de Laxeiro e A saúde como negocio. Preme no logo!

mércores, 8 de abril de 2020

GALICIA ENCANTADA


Aquí atoparás a historia da Galicia imaxinaria, mitos, lendas, ritos, contos, romances e aventuras que se resisten ao esquecemento e que seguen vivindo na nosa memoria colectiva.
Desta nosa veciñanza, herdeira das nosas máis vellas fantasías, procuramos as pegadas, describimos as súas figuras, desenmascarámolos e seguímolos ata os seus escondedoiros.
Para saber quen e como son só tedes que buscalos nesta enciclopedia; escribide o seu nome ou o do lugar onde sospeitades que se atopan e ...!
Desde o 5 de marzo de 2005 seguimos encantados!


martes, 7 de abril de 2020

VÍDEOS E CANCIÓNS DE SONÁRBORE


NA CANLE DE YOUTUBE DE SONÁRBORE ATOPAREDES VÍDEOS E CANCIÓNS DE MAMÁ CABRA, MARÍA FUMAÇA, AS MAIMIÑAS, SÉRGIO TANNUS, A GRAMOLA GOMINOLA,... ENTRE OUTROS PARA BAILAR E APRENDER.

luns, 6 de abril de 2020

#quedanacasa (tamén en vacacións)


E SE APRENDEMOS ALGO DE GRAMÁTICA CON ESTE CANCELO?
COMO É: #QUEDANACASA OU #QUEDATENACASA?
MIRA O VÍDEO...

venres, 3 de abril de 2020

CONTOS CONTADOS POLA EDITORIAL KALANDRAKA


COÑECEDES KALANDRAKA TV?
NESTA CANLE, QUE VÉN DA MAN DA EDITORIAL KALANDRAKA, ATOPAREDES VÍDEOS DE CONTOS E HISTORIAS NARRADOS POLO MELLORCIÑO DA CULTURA GALEGA. BOTÁDELLE UN OLLO!!

mércores, 1 de abril de 2020

EXPOSICIÓNS NO CGAC


E SE FACEMOS PLANS PARA CANDO REMATE O ESTADO DE ALARMA?
O CGAC ACOLLE A EXPOSICIÓN DE MAN ATA O 30 DE AGOSTO. CLICADE NO VÍDEO PARA SABER UN POUCO MÁIS DESTE ERMITAÑO.