xoves, 30 de abril de 2020

APRENDE COAS MULLERES GALEGAS


O proxecto "Aprende coas mulleres galegas" pretende achegaros unha serie de actividades para coñecer e afondar na vida de catro referentes intelectuais de Galicia: Maruja Mallo, Mª Victoria Moreno, Concepción Arenal e Ángela Ruiz.

CLICADE NA IMAXE PARA ACCEDER AOS PDF COAS ACTIVIDADES.

martes, 28 de abril de 2020

O PATRIMONIO NOS MEDIOS

Real Academia Galega (RAG) reforzou a súa presenza en Galiciana, a biblioteca dixital de Galicia, “cun novo micrositio que facilita o acceso a máis de 800 libros e folletos do século XIX”, segundo informa esta entidade.
Tal e como recolle o xornal Galicia Confidencial, as obras dixitalizadas suman máis de 120.000 páxinas entre as que se atopan títulos de grandes figuras das letras galegas. O espazo permite un acceso máis sinxelo a edicións históricas de Rosalía de Castro, Curros Enríquez ou Eduardo Pondal e tamén a libros de autores e autoras que crearon en castelán como Concepción Arenal, Emilia Pardo Bazán ou Sofía Casanova.

mércores, 22 de abril de 2020

Música para o confinamento: as 7 cancións de Xabier Díaz, músico.

Ao músico Xabier Díaz a corentena pola crise sanitaria da COVID-19 colleuno cun novo disco baixo o brazo, As Catedrais Silenciadaso seu terceiro traballo coas Adufeiras de Salitre

Para este primeiro domingo de abril, no que o único plan é seguir na casa por responsabilidade, convidamos a Xabier a compartir unhas cancións que nos leven de viaxe mentalmente acompañadas das súas palabras. Cedo, moi cedo, volverá subirse aos escenarios. 
Hey, ma, de Bon Iver 

Dorian, de Agnes Obel

Lobofobia, de Lisandro Aristimuño

Folon, de Salif Keita

Téñolle rabia ao silencio (orixinal de Atahualpa Yupanqui), por Sés

Cedeira, de Guadi Galego

ADAPTADO DE NÓS DIARIO (14/04/2020)

martes, 21 de abril de 2020

LETRAS GALEGAS, 2020

NOVA IMPORTANTE!!

A REAL ACADEMIA GALEGA TRASLADA O PLENO 
DO DÍA DAS LETRAS GALEGAS AO 31 DE OUTUBRO.

luns, 20 de abril de 2020

Coñecedes a Orella Pendella?


COÑECEDES A PÁXINA DE ORELLA PENDELLA?
NON DEIXEDES DE VISITALA PORQUE OFRECE MULTITUDE DE RECURSOS PARA OS MÁIS PEQUENOS.

xoves, 16 de abril de 2020

Radio Picariña incrementa o seu nº de cancións

Radio Picariña: máis de 1000 cancións en galego para nenas e mozas.

Joao Afonso, Caxade, Chuches Amil e Sara Vidal, 
entre as novas incorporacións a esta canle dixital de música.

Radio Picariña, a primeira canle dixital de música infantil e xuvenil da historia da Radio Galega, engade desde esta semana cen novas cancións ás súas ondas para seguir conectando co público infantil e mozo.