xoves, 18 de novembro de 2021

IX MOSTRA DO ENTROIDO

Como cada ano o noso centro participa coas demais escolas da contorna na Mostra do Entroido.

A mostra deste ano chéganos dende a Baixa Limia. Serán os Follateiros de Lobios os que nos conquisten cos seus extraordinarios traxes feitos a partir de materiais naturais, como o millo.

A figura do follateiro saía a correr polos pobos no Entroido, facendo algunhas trasnadas animando as xentes ante a chegada do novo ciclo da terra: a primavera. Como a roupa que tiñan para correr o Entroito era somentes farrapos, adornábanse coséndolle follatos do millo para tapar os rotos, e logo facendo colares, cintos e corpiños cos carozos, levando tamén colgadas as espigas raíñas, e millo de cores, cos que se fan as máscaras.

O material que se precisa son principalmente os follatos de millo, que se recollen no tempo seco, para que non teñan moho. Os carozos para facer os cintos e corpiños, xunto cun cordel para tecelos. O millo de cores para facer as máscaras.

Sería necesario contar co seguinte:

- Un pantalón ou saia vella.

- Unha blusa ou camisa branca.

- Unha toquilla (mulleres) ou capa (homes).

- Chapeos (de palla, ou mesmo de plástico ou cartón).

- Máscara branca de cartón.

- Calcetíns de lá.

- Zocos ou botas de imitación ou coiro.

Como é complicado coser tantos follatos o que nos din desde a Asociación de Follateiros de Lobios é que as pegan cunha pistola de silicona térmica, para facer o proceso máis rápido e seguro.













AS ANDANZAS DOS MONIFATES E DON GAIFEROS

O pasado mércores 19 de novembro o alumnado de 2º de primaria asistiu ao espectáculo de "Os Monifates" un peculiar carromato tirado por dous músicos ambulantes que percorren vilas e pobos cunha importante misión, a de amosar a música e instrumentación da cultura galega. Na súa viaxe fóronse formando os máis diversos e peculiares bailaríns (monicreques), integrando así música e monicreques nun espectáculo no que o alumnado gozou moito. Esta singular troupe está formado polo porco Antón, os bailaríns Xaquín e Maruxa, Saturno e Leonor, o galo Farruco e os Barbanzóns.


Grazas á Secretaría Xeral de Política Lingüística e á coordinadora territorial dos EDLG da provincia da Coruña, por achegarnos este espectáculo.











xoves, 27 de maio de 2021

ACTIVIDADE DAS LETRAS GALEGAS, 2021

 NAS PASADAS SEMANAS ENVIAMOS UNHA NOTA ÁS FAMILIAS CONVIDÁNDOAS A PARTICIPAR NUNHA ACTIVIDADE RELACIONADA CUN POEMA DE XELA ARIAS. VELAQUÍ O RESULTADO:




GRACIÑAS A TODAS POR PARTICIPAR.


luns, 24 de maio de 2021

Xela Arias en 1ºA

MIRADE CANTAS COUSAS APRENDERON AS NENAS E OS NENOS DE 1ºA DA MAN DA SÚA PROFE CARMEN SOBRE XELA ARIAS E A SÚA BIOGRAFÍA. 

PARABÉNS POLO TRABALLO BEN FEITO!!!


NACEMENTO E ESTUDOS

PREMIO ESCOLAR E TRABALLO

OBRAS E TRADUTORA

LETRAS GALEGAS, 2021

LIBROS DAS NENAS E DOS NENOS DE 1ºA

martes, 18 de maio de 2021

Maios, 2021

BOAS TARDES A TODAS!!!

NO CEIP LAMAS DE ABADE QUIXEMOS, UN ANO MÁIS, CELEBRAR OS MAIOS E DARLLE ASÍ A BENVIDA ÁS FLORES QUE AGROMAN NESTA ÉPOCA DO ANO. PARA ISTO, NO VESTÍBULO DO COLE COLOCAMOS UNHA EXPOSICIÓN COS NOMES DAS FLORES MÁIS TÍPICAS CON EXEMPLARES REAIS DE CADA UN HA DELAS. ESTE FOI O RESULTADO, QUE ESPEREMOS QUE VOS GUSTEN E VOS AXUDEN A COÑECER PLANTAS DA FLORA DE GALICIA:

IMAXE XERAL DA EXPOSICIÓN

CALÉNDULA - XESTA

BOTÓN DE OURO - BRIÓN

FIUNCHO

PAMPILLO

CALA

DENTE DE LEÓN - CALA

MARGARIDA